Os novos medios e a animación son a principal orientación da Licenciatura en Comunicación Audiovisual que se imparte na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña.
Formamos produtores e realizadores con especiais competencias en entornos dixitais, tanto para televisión como internet e calquera outro soporte multimedia onde a integración tecnolóxica condicione a elaboración de contidos.
Os nosos profesores posúen unha ampla experiencia profesional no sector dos mass media, o 3D, a animación e a interacción.
Estamos a investigar, entre outros eidos, en contidos da Televisión Dixital Interactiva ou creación de arte artificial e en breve, a Facultade contará cunha dotación de equipos de produción de contidos de realidade aumentada e 3D estereoscópico.
A oferta de posgrao da Universidade da Coruña relacionada coa comunicación permite, entre outras, a especialización en creación dixital, produción audiovisual e a edición xornalística.